Fundación Xavier Pousa

Actividades > Axenda de actividades

Cultivando Paisaxes

Dende o 01 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2015
O proxecto, no que participa a Fundación Xavier Pousa, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM) e o concello de Tomiño, xurde como resposta á necesidade de, por unha banda, conservar, restaurar e valorizar o patrimonio paisaxístico, e pola outra, dinamizar e expoñer o potencial e capacidade de produción que ten o sector do viveirismo no concello de Tomiño.
O proxecto "Cultivando Paisaxes" nace como proposta da Fundación Xavier Pousa para dar cumprimento a un dos obxectivos que ten a entidade que é o fomento de iniciativas que promovan os valores paisaxísticos, a valorización dos diferentes espazos do territorio e o desenvolvemento sociocultural e económico da comarca do Baixo Miño.
A idea é a creación dun corredor verde que identifique ao concello de Tomiño como un dos maiores produtores de planta ornamental desenvolvendo pequenos espazos ao longo das estradas que atravesan o concello de Tomiño, con especial atención á estrada que une Tui con Goián, cun estudado deseño e de moi baixo mantemento que permitan difundir as plantas e árbores mais cultivadas na zona.

Presentación do proxecto


        Listado de actividades        Ver seguinte actividade >>
 
Fundación Xavier Pousa © 2024. Todos os dereitos reservados.